Visualizacións de páxina totais

O APALPADOR

Sabedes quen é o Apalpador? Aquí vos poñemos un vídeo no que explica quen é o encargado de levarlles os agasallos aos nenos/as galegos.

 Ademais disto deixamosvos un enlace a páxina do Apalpador para que poidades investigar sobre este personaxe.
 http://www.apalpador.com/

SAMAÍN

Coma cada ano xa está de novo aquí o Samaín e para ir abrindo boca poñemos aquí unha cantiga sobre o mesmo. Ao longo deste mes iremos subindo máis recursos terroríficos !

DÍAZ CASTRO

Este ano o autor homenaxeado durante as letras galegas é Xosé  María Díaz Castro. A continuación aparece un vídeo para achegarnos á figura do poeta lucense.

24 de febreiro día de Rosalia

Hoxe día 24 de febreiro celebramos na escola o día de Rosalía e para que quede na lembranza deixamos aquí un enlace a un vídeo dun poema da autora musicado por Luz Casal:
<iframe width="420" height="315" src="//www.youtube.com/embed/gdnVZE5I8Os?rel=0" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

PRESENTACIÓN PARA O ALUMNADO DE TIRÁN

Este curso ímos cartearnos co alumnado do C.E.I.P Plurilingüe de Tirán, como non podíamos comezar de outro modo, fíxemos unha presentación para que nos poidan coñecer un pouquiño e saber así quen é cada quen, os nosos gustos, as nosas afecións... 
Traballamos  arreo,e  esforzámonos moito e para que o poidades valorar vós mesmos, deixamosvos unhas imaxes dos traballos finalizados.
 AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN !! 





 
AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN OS NOSOS TRABALLIÑOS!!! 

 ESTAMOS ANSIOSOS POR COÑECER AOS NOSOS NOVOS AMIGOS DE TIRÁN!!!

LIBRO MONSTRUOSO

Entre todo o alumnado do colexio fixemos un libro monstruoso,para celebrar o Samaín.Cada alumna/o debuxou un monstrúo ou unha bruxa.
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!